Indo pola fría beira

Iván Medvédev

Poeta recién llegado
Só vou camiñando pola fría beira
Do xeado mar turbado otoñal
Vou pensando pola xélida ribeira
Contemplando o horizonte glacial;
Gris e pálido está o ceo despoblado
E das nubes gras e tétricas cuberto;
Baixo o ceo tan escuro e pesado
Vou andando polo lúgubre deserto.
Xa levántase polo xeado mar
Unha brétema moi densa e soñada,
E non sei que desta vida esperar
E a tarde é tranquila e calada...
Pola beira fría camiñando vou
Pola beira triste vou pensando
Só na beira lívida estou
Só co meu laúde vou cantando...
Feitos e os homes vou lembrando...
Sei que miña vida vai a renacer,
Mais polas tardes grises e nebradas
Deus! é imposible esquecer
Xente mala e accións tan deshonradas...
Aínda é que se desvaneceu
A xente mala coma nebra desvanece
E a pegada súa desapareceu
Coma a fume dun fogar desaparece...
Así é a verdade, pero en xeral
Existe unha forza imperecedoira
Que arde sempre, como lume inmortal
Inabarcable forza verdadeira
Que sempre das cenizas renacía:
A inmortal e incansable poesía,
A lume que xamáis se apagaba
E sempre a noitubre alumbraba!
Calenta o meu ferido corazón,
Oh lume cálida, amable e amada,
Alegra a miña lóbrega razón,
Sempre ardente, nunca apagada.
Si, gaya arte, túa fogueira
Alumbra meu camiño nesa fría
Nebrosa e melancólica ribeira
Do mar xigante e descoñecido
Ata que uno haxa perecido...
Que sempre pola beira camiñamos
Entre a negra morte e a vida,
Os homes non sabemos ónde vamos
Pola carreira curta e dorida,
Mais ben sabemos o que é chegar:
A vida é a beira, e morte é a mar...
Pero nas miñas mans sosteño unha lume
Que me alumbra a ribeira sinuosa,
Xamáis tapada pola negra fume
A lume cálida, feliz e luminosa
A imperecedoira pesía,
Sen ti non sei a ónde chegaría
E na xeada beira que faría...
 

MundoPoesía se mantiene gracias a la publicidad y al apoyo de nuestros Mecenas.

✦ Hazte Mecenas

Sin publicidad · Blog propio · Apoya la poesía en español

Atrás
Arriba